DOMINGO XXIV DO T.O. PROXIMIDADE CO PRÓXIMO CANTOS ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: Canta o sol (Nº 22) OFERTORIO: Acharte presente na vida (Nº 51) COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) OLLOS ABERTOS O Papa Francisco, por activa e por pasiva insiste na importancia da cercanía, da proximidade, da acollida, de misericordear. Fala e testemuña unha igrexa en saída, coas portas abertas. Di que a Igrexa ten que ser nai que abraza, colle no colo, bica... é dicir, é alguén que sempre está aí, alguén con quen sempre contamos. Esa mesma chamada á proximidade que se nos fai Francisco (non esquezamos que Igrexa somos todos, non só os curas e os bispos), é a que hoxe nos fai Xesús no evanxeo. O amor de Deus vai máis alá do que nós pensamos. El, Pai-Nai, está preocupado pola sorte das persoas, porque nos quere, somos o máis valioso que ten. Non somos un máis, somos únicas e únicos. Por iso a celebración que agora comezamos invítanos a non esquecer nunca que por moi perdidos que andem...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra