Ir al contenido principal

Entradas

5 domingo TO B 2024

​ APRENDAMOS A CONVIVIR ADMITINDO A DISCREPANCIA SEN CONVERTELA EN INTOLERANCIA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Temos unha festa ( 6) o     LECTURAS:  Cantada ao Señor, cantade ao Señor, unha cantiga nova. (  )  o     OFERTORIO:  Acharte presente ( 51) o     COMUÑÓN:  Todos xuntos  (56)   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN          En tempo de crispación e enfrontamento, a carta de Paulo aos Corintios que imos escoitar no momento da Palabra, desde a actualidade do seu contido dous mil anos despois de ser escrita, lémbranos que pensar diferente, ter opinións diversas, mesmo ter conviccións e visións de como se ha actuar e comportar, non pode nunca supoñer caer nin na crispación nin na intolerancia. Canto precisariamos, dentro e fóra da Igrexa, as persoas que conformamos hoxe o noso mundo, volver ler este texto desde os ollos do evanxeo e o corazón a...

4 domingo TO B 2024

    LER OS SINAIS DOS TEMPOS CON AUTORIDADE, QUE NON CON AUTORITARISMO CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Con ledicia vimos (Nº 3) ö LECTURAS : Benaventurados (Nº 119) ö OFERTORIO: Déixate querer (Nº 61) ö COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63)   PARA NON PERDER O PASO Hai case sesenta anos, alá polo ano 1965, o Concilio Vaticano II sinalaba nun dos seus documentos o deber da Igrexa de “escrutar a fondo os sinais dos tempos e interpretalos á luz do Evanxeo”. Xa choveu desde aquela, mais esta frase segue interpelándonos a todas as persoas que formamos a Igrexa de Xesús e, se cadra, hoxe máis ca nunca. Si, porque a pesares da ambigüidade dos sucesos humanos é na historia onde Deus chama, é na historia onde se concreta a vocación da persoa. Por iso cómpre rastrexar nos acontecementos do mundo as chamadas de Deus. A iso somos convidadas e convidados hoxe dun xeito especial: a ser profetas do Señor. CO CORAZÓN FERIDO û   P...

3 domingo TO b 2023

III DOMINGO DO T.O.   PERMANECEDE NA MIÑA PALABRA (DOMINGO DA PALABRA DE DEUS) CANTOS · ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) · LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25) · OFERTORIO: Acharte presente (Nº 51) · COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103) ABRE OS OLLOS Hoxe é o terceiro domingo do tempo ordinario, e desde hai cinco anos, o papa Francisco quixo que este fose o domingo da Palabra de Deus. Non quere dicir que os demais non o sexan, non. O que busca o papa é que neste domingo prestemos especial atención, e valoremos a importancia que a Palabra ten na vida da persoa cristiá. Non é só Palabra proclamada na celebración, tamén é Palabra agradecida por atopar nela o marabilloso plan que Deus ten para con nós. Compartamos logo a celebración de hoxe sabéndonos agarimadas e agarimados polo agasallo que Deus nos fai por medio da Palabra que alenta, anima e alimenta a nosa vida. ABRE O CORAZÓN Porque somos moito de ritos e pouco de coñecer e...