Ir al contenido principal

O pouco con Deus é moito

O pouco con Deus é moito

(de ben nacid@s é ser agradecid@s)

Pórtico

Canto nos custa ser agradecid@s!. Parece que tod@s teñen que facer as cousas por obrigación, que tod@s temos dereitos, pero non deberes. Porén, a celebración de hoxe quere ser toda ela un canto á gratitude, a saber disfrutar da entrega aos e dos demais. Facéndoo porque un se sente contento de facelo, crece coma persoa, e segue a confiar nos seres humanos.

Cando moitas das noticia dos xornais coas que almorzamos cada día nos falan de morte, opresión, corrupción, abuso... mirar para a Palabra de Deus, e atoparse cun recanto onde algo tan sinxelo como dicir grazas, é o cerne de todo o que poidamos ser e facer.

Que tamén nós, coma Abrahám, Paulo, Marta ou María, saibamos disfrutar da gratuidade que Deus pon na nosa vida para poder compartila cos irm@ns.


Perdón

  • Porque as veces somos cristiáns só de boquilla, de asento, de Igrexa, descoidando o compromiso cos demais, encontro con Xesús, SEÑOR, AXÚDANOS A COMPROMETERNOS.

  • Porque son moitas as veces nas que só pedimos dereitos, pero esquecemos as nosas obrigacións para cos demais, CRISTO, AXÚDANOS A COMPROMETERNOS.

  • Porque ás veces cústanos recoñecerte nos demais, especialmente naqueles cos que non nos levamos ben, nos que cuestionan o noso xeito de vivir de pensar, nos que nos desestabilizan co seu actuar, SEÑOR, AXÚDANOS A COMPROMETERNOS.


Remuíño

  • Asumindo responsabilidades: Acostumados como estamos a ver como cada vez se nos recoñecen máis e mellores dereitos: sanidade, educación, cidadanía, vivenza do relixioso... imos afacéndonos á idea de que todo ten que estar á nosa disposición, como se as cousas, mesmo as actitudes e disposicións para facelas fosen unha obrigación dos outros, sen que nós teñamos máis que recibir os seus beneficios. Tanto é así que caemos nunha actitude de soberbia e altanería impropia de quen se considera seguidor da mensaxe de servizo do Resucitado. Temos a falsa idea de que as cousas, as que fan os outros, teñen que ser sempre perfectas, que ninguén pode (como tolerarllo!) ter un erro, como se esqueceramos que os demais, o mesmo ca nós, nacemos con capacidade de equivocarnos, de non acertar moitas veces, de non saber, ou non poder dar coa resposta adecuada sempre. E así, podemos atopar persoas, mesmo nós moitas veces, que din que os médicos non poden equivocarse nin no diagnóstico nin no tratamento –como se foran deuses!-, os educadores teñen que saber detectar sempre, e sen posibilidade de que nada se lles escape, posibles nenos con desequilibrios, futuros mozos inadaptados ou posibles adultos chamados sufrir dependencias múltiples. E así, pedíndolle responsabilidades a uns e a outros, nós imos desentendéndonos das nosas propias obrigas e renunciando á liberdade. Porén a Palabra hoxe fálanos desde unha actitude diferente: Abrahán limítase a abrir a súa porta e a acoller a quen ben. Non lle esixe nada, dá do que ten, e o que ten é ben sinxelo: un pouco de pan e un pouco de carne. Pero aquel pouco, signo de gratuidade e acollida, convértese en moito: a felicidade para a súa casa. Tamén nós, moitas veces, cantamos “que o pouco con Deus é moito”. Que saibamos converter ese pouco nunha experiencia humanizadora, gozosa e leda de gratuidade cos demais e con Deus!

  • Marta e María: Quizá cando lemos este texto a primeira reacción que poidamos ter é contrapoñer estes dous termos, especialmente cando falamos do xeito de comprometernos co mundo. Que hai que primar?. Pode ser unha sen a outra?. Parece que nesta pasaxe prima unha, a escoita, por riba do compromiso; pero isto non quere dicir que menoscabe a anterior. Xesús ven dicirnos que o compromiso ten que estar sustentado por unha escoita asidua da palabra do Señor como alicerce seguro do mesmo. Pero isto non ten que levar a xustificar outras actitudes que moitas veces temos. Tanto dicimos que escoitamos que nos esquecemos de concretar esa escoita, primeiro na nosa vida e despois no compromiso.

      • Na nosa vida: A escoita da palabra, moitas veces déixanos indiferentes, non ten reacción algunha, non nos transforma, non fai que mudemos interiormente. Ao contrario, con ela xustificamos a nosa comodidade e a rutina.

      • No noso compromiso: Non somos capaces de dar o salto. Tanta importancia lle damos á escoita, mal entendida, da palabra, que coidamos que con iso a nosa vida e o noso compromiso cristián xa é unha realidade. Outras veces, este compromiso transformase nun asoballamento, en non respectar as ideas, os xeitos de vida, e as cualidades dos demais.

  • Acollida: Acaso a “acción-escoita” non pide de nós unha actitude de acollida?, non pide de nós estar dispostos a renunciar ás nosas comodidades para sermos nómades de pensamento?. Isto empeza por ter un espírito acolledor, que respecte e ao mesmo tempo que tenda pontes de diálogo e participación de todos. O mundo que nos tocou vivir, que é este e non outro, pide persoas acolledoras, que non pechen portas, que non teñan medo a perder parte de si mesmos para compartilo cos demais.

Que a celebración de hoxe faga de nos persoas que fundamenten a súa vida nestes dous grandes valores, a escoita e o compromiso.


ORACION DA COMUNIDADE

Abramos o noso corazón e poñamos nos nosos beizos o agradecemento para con Deus, por tódalas oportunidades que nos vai dando na vida de sentirnos verdadeiramente solidarios e chamados a crecer como fill@s dun Pai que se nos mostra nos irm@ns, e digamos:

Que a gratitude guíe a nosa vida


  • Porque entre tod@s construamos unha Igrexa acolledora, servizal, agradecida e sempre aberta a acoller a quen chama nas súas portas. Oremos.

Que a gratitude guíe a nosa vida

  • Polas nosas comunidades, para que sexan comunidades espertas, que valoren a oración comunitaria, a escoita da palabra, a participación no pan compartido, como fonte de compromiso activo co mundo, concretado na familia, no barrio, no traballo,... OREMOS.

Que a gratitude guíe a nosa vida

  • Por todos nós, para que a nosa fe se vexa respaldada co noso compromiso e así se enforteza día a día dende unha actitude aberta e profunda, sabendo descifrar o que os acontecementos e as persoas nos queren dicir en cada momento. OREMOS

Que a gratitude guíe a nosa vida

Unha vez máis, Pai, queremos darche grazas por poñer no camiño da nosa vida, situacións e experiencias que nos levan a saír da nosa comodidade, para entregarnos á acollida fraterna e gozosa de canto fai de nós máis e mellores persoas. Por X.N.S. Amén.


Reflexión

Deus dinos...

Ti dis: "é imposible"
Deus di: Todo é posible. (Lucas 18:27)

Ti dis: "estou moi canso"
Deus di: eu fareite descansar. (Mateo 11:28-30)

Ti dis: "ninguén me ama en verdade"
Deus di: eu ámote. (Xoán 3:16 e Xoán 13:34)

Ti dis: "non podo seguir"
Deus di: a miña graza é suficiente (II Corintios 12:9 e Salmos 91:15)

Ti dis: "non podo resolver as cousas"
Deus di: eu dirixo os teus pasos (Proverbios 3:5-6)

Ti dis: "eu non o podo facer"
Deus di: Todo o podes facer. (Filipenses 4:13)

Ti dis: “eu non son capaz”

Deus di: eu son capaz (II Corintios 9:8)

Ti dis: “non paga a pena”

Deus di: si pagará a pena (Romanos 8:28)

Ti dis: “non me podo perdoar”

Deus di: eu perdóote (I Juan 1:9 y Romanos 8:1)

Ti dis: “non o podo administrar”

Deus di: eu suplirei todo o que precises (Filipenses 4:19)

Ti dis: “teño medo”

Deus di: No che foi dado un espírito de tremor. (I Timoteo 1:7)

Ti dis: “sempre estou preocupado e frustrado”

Deus di: Bota as túas cargas sobre min (I Pedro 5:7)

Ti dis “non teño fe suficiente”

Deus di: eu deille a tod@s unha medida de fe. (Romanos 12:3)

Ti dis: “non son suficientemente intelixente”

Deus di: eu douche sabedoría (I Corintios 1:30)

Ti dis: “síntome moi so”

Deus di: nunca te deixarei nin te desampararei (Hebreos 13:5)

Cantos

Entrada: Andarei na presenza do Señor

Lecturas: Gracias, Señor graciñas

Ofertorio: O pouco que Deus nos da

Comuñón: Acharte presente na vida


Comentarios

Ángel ha dicho que…
Hola. Vd. ten a partitura de "O pouco que Deus nos dá" e que me gustaría conseguila... a ver se me podo por en contacto con Vd para que me diga algo... Grazas.

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...