Ir al contenido principal

Entradas

32 domingo TO B

APRENDER A COMPARTIR ÁBRENOS A DESCUBRIR QUE SÓ DESDE A IGUALDADE E O RESPECTO SEREMOS CAPACES DE APARTARNOS DA TENTACIÓN PATERNALISTA DE QUEN DÁ CRÉNDOSE MELLOR E SUPERIOR AOS DEMAIS PÓRTICO Dúas mulleres son as protagonistas da Palabra que imos proclamar. Dúas mulleres que non teñen nada en común con aquelas que, a diario, ocupan as páxinas dos xornais, das revistas ou dos programas de televisión. Dúas mulleres dobremente marxinadas: por mor do seu xénero e polo seu estado de viúvas. Dúas mulleres que, a pesares dos golpes e da dureza da vida, saben manter a fe e a confianza en Deus coma o mellor dos seus tesouros. Dúas mulleres que serven de exemplo nunha sociedade rexida e preparada para os homes. Dúas mulleres que volven poñer enriba da mesa aquilo que moitas veces esquecemos: Deus non se fía das aparencias, non fai distingos, vai ao fondo das persoas. Para “tocar”o seu corazón non fai falla ser importante, nin saber moito, nin ser letrado, nin vestir amplos roupaxes.... Có...

Domingo 31 TO B

ESCOITA, ISRAEL.... ESCOITA, IGREXA: O PRIMEIRO, O MÁIS IMPORTANTE É O AMOR. NON O ESQUEZAS NUNCA PÓRTICO Como lle dicía a Israel, tamén Deus se dirixe a nós hoxe a través da súa palabra para dicirnos: “escoita” . Unha escoita que ten que ser sempre activa, vivida na participación e comprometida no esforzo de saber descubrir a Deus alí onde nos atopamos cunha persoa, sen importar que sexa rica ou pobre, branca ou negra, católica ou doutra relixión. O importante é ser capaz de ver nela ao Deus que nos invita a prestar atención a canto pasa no mundo, e a non andar pola vida sen xirar a cabeza nin preocuparnos dos que temos ao lado. De que nos valerían os nosos rezos se temos os oídos taponados para escoitar a dor, dificultades e tristuras que vemos ao noso redor? Porque o amor é o guieiro e motor principal da proposta que Deus nos fai, acostumémonos a vivilo no encontro cos demais, na man tendida ao compartir e no sorriso desde o que animar a quen a dureza da vida llo vai quit...

Santos 2012

BENAVENTURADAS AS PERSOAS QUE DESCUBREN CRER, CONFESAR E AMAR COMO FOLLA DE RUTA NO CAMIÑO DA VIDA PÓRTICO Bo día!. A festa de tódolos santos, a festa dos sinxelos de corazón e vida, volve convocarnos unha vez máis neste comezo de novembro para que fagamos memoria agradecida de tantas persoas de tantos tempos e lugares que camiñaron como servos e servas de Deus; tantos homes e mulleres que creron sempre que o amor era o meirande ben; de tanta xente, dunha moitedume tan inmensa que nos enche o corazón de esperanza, porque, coñecidos ou descoñecidos, todas aquelas persoas que hoxe celebramos viviron o que nós queremos vivir, e por iso axúdannos e acompáñannos. Que Deus non é de mortos senón de vivos é unha realidade. Que Deus sigue presente no mundo por medio da Igrexa e d@s cristiáns é unha realidade. Que moitas persoas, na súa vida de cada día, transparentan esa presenza de Deus, a pesares das dificultades, a dor, o rexeitamento, o sufrimento, a exclusión... é unha realida...

30 Domingo TO B

SABER CONSOLAR É A MELLOR MANEIRA DE VER NO IRMÁN A PRESENZA DE DEUS PÓRTICO Nunca tanto coma hoxe tivemos a oportunidade de coñecer as posibilidades que se nos van presentando na vida. A pesares da forte crise que estamos a vivir, se nos comparamos con persoas doutros continentes máis empobrecidos, nós seguimos a ter moitas posibilidades; e o que é máis triste, seguimos sen aproveitalas e sacarlle verdadeiro rendemento. Cómo gozarían tantos rapaces novos de África, América do Sur ou Asía se puidesen estudar, inda que fora con recortes e axustes!. Cómo e canto valorarían poder formarse!. Porén, aquí, seguen a crecer os chamados nin nin –nin traballan nin estudan- que non son para tomalos a broma, senón para que reflexionemos sobre ata onde temos chegado á hora de desaproveitar oportunidades e ter construído unha sociedade saciada e opulenta, que na hora das dificultades, renuncia a facerlle fronte e a non deixarse ir sen rumbo. Hoxe, a Palabra preséntanos un Deus que acolle, es...

Domingo 29 TO B Domund 2012

UNHA MISIÓN DE SERVIZO, DESDE A FE, AO DESENVOLVEMENTO INTEGRAL DO SER HUMANO (XORNADA DO DOMUND 2012) PÓRTICO Os textos que imos proclamar hoxe móstrannos que seguir a Xesús non é tanto relatar a súa vida e a súa mensaxe, como esforzarse por estar real e verdadeiramente ao lado das persoas pobres, excluídas, as que non contan no noso mundo tan inxusto e desigual. Isto esixe de nós constancia e perseveranza, porque só quen é quen de seguir a pesares de que as dificultades non son poucas, só quen sabe buscar portas abertas e ventás de aire fresco, só quen vai descubrindo que a universalidade da fe leva unida a solidariedade dos cristiáns, pode entender por que, unha vez máis, celebramos o día das misións, a xornada do DOMUND, compartindo gozos e esperanzas cos homes e mulleres que, en situacións e mundos difíciles, están a traballar polo Reino, entregando xenerosamente a súa vida, o seu tempo e as súas capacidades. Só se somos capaces de entender isto, poderemos entender tamén ...