COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO o ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) o LECTURAS: Escoita ti (Nº 26) o OFERTORIO: Déixate querer (Nº 61) o COMUÑÓN: Quédate Señor connosco ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas que máis nos paraliza no seguimento de Cristo. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia... E, aínda que se di que o medo garda a viña, temos que recoñecer que o de seu da viña non é gardala, senón que dea froi...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra