Ir al contenido principal

Mércores da Cinsa

PRIMEIRA     Xl 2, 12-18:
Esgazade os vosos corazóns e non os vosos vestidos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XOEL

Agora ‑é o Señor quen fala‑,
convertédevos a min de todo corazón,
con xaxún, con lágrimas e con loito.
Esgazade o voso corazón, e non os vosos vestidos,
convertédevos ó Señor, voso Deus,
pois El é compasivo e misericordioso,
é calmoso para o enfado e abondoso en bondade,
e ten compaixón da desgracia.
Quizais cambie e teña compaixón,
e deixe tras de si a súa bendición,
a ofrenda e maila libación, para o Señor, o voso Deus.
Tocade o corno en Sión,
dedicádelle un tempo sagrado ó xaxún,
convocade a asemblea.
Xuntade o pobo, consagrade a asemblea,
reunide os anciáns, xuntade os rapaces,
tamén os meniños de peito.
Que saia o marido do seu cuarto,
e a muller da súa alcoba.
Que choren entre o adro e o altar os sacerdotes,
que digan os ministros do Señor: "Perdóalle, Señor, ó teu pobo,
non entregues á burla a túa herdanza,
de xeito que a dominen pobos alleos.
¿Por que se vai dicir entre as nacións: Onde está o seu Deus?"
Entón ó Señor entráronlle celos do seu país,
e perdoou ó seu pobo.

SALMO RESPONSORIAL     Sal 50, 3-4. 5-6a. 12-13. 14 e 17
R/  (cf 3a):  Apiádate, Señor, porque pecamos

Apiádate de min, meu Deus, pola túa bondade,
pola túa misericordia, borra o meu pecado;
lávame ben da miña iniquidade,
límpame da miña culpa.

Eu recoñezo o meu pecado
e teño sempre presente a miña culpa.
Contra ti, contra ti mesmo, eu pequei
e fixen o que é malo ós teus ollos.

Crea, Deus, en min un corazón puro,
renóvame por dentro cun espírito firme.
Non me botes da túa presencia
e non tires de min o teu santo espírito.

Devólveme a alegría da túa salvación,
sostenme co espírito xeneroso.
Abre, Señor, os meus labios,
e a miña lingua pregoará a túa louvanza.

SEGUNDA     2 Cor 5, 20-6, 2:
Reconciliádevos con Deus. Este é o tempo conveniente

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:
Somos embaixadores de Cristo; e é coma se Deus vos exhortase por medio noso. Pedímosvolo por Cristo: deixádevos reconciliar con Deus. A aquel que non tiña nada que ver co pecado, Deus fíxoo pecado por nós, para que nós, gracias a el, nos volvésemos nel xustiza de Deus.
Coma colaboradores seus, exhortámosvos a non desaproveita-la gracia de Deus.
Pois di El:  no tempo oportuno, escoiteite; en día de salvación acudinche.
Pois agora é tempo oportuno, agora é día de salvación.

VERSIÑO    Cf. Sal 94, 8ab:
Hoxe, non endurezáde-los vosos corazóns,
senón escoitade a voz do Señor

EVANXEO     Mt 6, 1-6. 16-18
Teu Pai, que ve o segredo, hate recompensar.

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:
Tede coidado de non practicárde-la vosa xustiza para que vos vexa a xente, que daquela o voso Pai celestial non vos dará recompensa ningunha.
Cando deas unha esmola non o vaias proclamando diante de ti cunha trompeta, como fan os hipócritas nas sinagogas e nos rueiros para seren loados polos homes; asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa. Ti, en troques, cando deas unha esmola, que non saiba a túa man esquerda o que fai a dereita. Así a esmola será secreta e teu Pai, que ve o segredo, xa te recompensará.
Cando recedes non fagades coma os hipócritas, que gustan de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para que os vexa a xente; asegúrovos que tamén recibiron a súa recompensa. Ti, pola contra, cando queiras rezar métete no teu cuarto, pecha a porta e rézalle a teu Pai que está no segredo; e teu Pai, que ve o segredo, hate recompensar.

Cando xaxuedes non poñades caras tristeiras, como fan os hipócritas: desfiguran as súas caras para que a xente llelo note. Asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa. Ti, en troques, cando xaxúes, perfuma a cabeza e lava a cara, para que non che se note ante os homes, senón ante teu Pai celestial; e teu Pai, que ve o que está escondido, hate recompensar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...