Ir al contenido principal

Entradas

Domingo 4 TO 2008

BENAVENTURADO TI QUE NON TES MEDO ARRISCARTE PÓRTICO Xa case ás portas da Coresma, hoxe a Palabra proponnos as benaventuranzas. É unha oportunidade máis que nos brinda o Señor de enfocar a nosa vida, de buscar por este camiño de esixencia, de renuncia a verdadeira felicidade. A felicidade do compromiso, do traballo e da loita por construír un mundo renovado. Contamos con tódalas persoas nesta tarefa, unamos esforzos e ánimos e miremos que nas nosas comunidades está o peor e o máis humilde do mundo, só así poderemos descubrir a grandeza do Señor que nos anima. Que esta celebración que agora comezamos, nos descubra que a felicidade verdadeira é posible se somos quen de comezar este camiño que o Señor hoxe nos presenta. PERDÓN Porque moitas veces pensamos que co ter, co acaparar, podemos ser mais felices, SEÑOR, MÓSTRANOS O CAMIÑO. Polas veces en que queremos ter sempre a razón e non escatimamos medios para conseguir os nosos obxectivos, aínda que sexa a costa dos demais, CRIS...

III DOMINGO DO T.O. 2008

Fagamos Igrexa de comuñón, e non capeliñas de desunión PÓRTICO Non ser capaz de entender, e polo tanto de asumir, que os cristiáns somos un grupo máis, inda que numeroso, na nosa sociedade plural, democrática e chamada a construírse desde o respecto dos Dereitos Humanos, fainos, moitas veces, caer na tentación de querer impoñer a tod@s o que é o xeito de ver as cousas por parte dos que nos sentimos seguidores de Xesús de Nazaret. Isto leva a que acabemos en enfrontamentos dialécticos, descualificacións e, polo tanto, creando un clima de crispación. E isto nunca é bo para ninguén, e moito menos para os que temos como lema facer do mundo a casa de tod@s. Que a celebración de hoxe nos faga superar a tentación de crear grupos de presión que, pretendendo presentarse como fieis ao seguimento de Xesús, só buscan tensionar e enrarecer as relacións entre cantos formamos parte da nosa sociedade. PERDÓN Porque non queremos darnos conta de que o Reino de Deus xa está aquí, ...

PORQUE NOS CHAMAS…AQUÍ ESTAMOS PARA FACER A TÚA VONTADE

PÓRTICO Estamos nun mundo no que prima a masificación: montóns de xente vestida do mesmo xeito, lendo os mesmos libros, escoitando a mesma música, mirando as mesmas películas e programas de televisión…. e o que é pior, un mundo no que tendemos a pensar tod@s do mesmo xeito. A realidade é que conseguimos un mundo de persoas uniformes no que o individuo se perde completamente na masa. Por iso, resulta sorprendente a Palabra que hoxe escoitaremos, na que nos atopamos cun Deus que chama persoalmente por cada un e cada unha de nós desde o ventre materno. Para Deus non existe a masa, non existen as persoas sen rostros, senón que El pensou en cada un e cada unha de nós, chamounos polo noso nome e marcounos un camiño singular e particular. Que a celebración que agora comezamos nos axude a dar unha resposta libre, persoal e positiva a esta chamada de Deus. O PERDÓN Porque seguimos créndonos o embigo do mundo, imprescindibles, insustituibles, e non somos quen de deixar paso a outros ...

Epifanía 2008

E DEUS AGASALLOU AOS REIS CUNHA ESTRELA PARA OS ESTRELADOS PÓRTICO A celebración de hoxe quere ser para todos nos unha chamada a descubrir ao Señor presente nas nosa vidas como luz e ao mesmo tempo, a tomar conciencia de que esta luz é para tódalas persoas, sen distincións de razas, nin de credos, nin de ideoloxías. Todos estamos chamados a construír un mundo cada vez mais humano e humanizador, no que non haxa persoas estreladas pola falta de condicións de vida, pola falla da educación, pola falla de oportunidades. Pidamos pois, que o Espírito nos mostre o camiño que nos leve a construír este mundo dende o proxecto de Deus. PERDÓN Polas veces nas que lle agochamos luz aos demais, excluíndoos, negándolles a palabra, non valorándoos como o que son, SEÑOR, ILUMINA AS NOSAS TEBRAS Polas moitas veces nas que o noso actuar e o noso dicir non son luz para os demais, senón polo contrario, somos motivo de escándalo, CRISTO, ILUMINA AS NOSAS TEBRAS Porque o nacem...

A FAMILIA HUMANA, COMUNIDADE DE PAZ

DÍA DE ANINOVO BENDICIÓN AO COMEZO ¨ Que Deus nos bendiga todos os días do ano ¨ Que Deus nos sorría todos os días do ano ¨ Que Deus se fixe en nós todos os días do ano ¨ Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano PÓRTICO Hoxe, que comezamos un novo ano, a Igrexa celebra o corenta aniversario da Xornada Mundial da Paz. No medio dunha humanidade envolta en tantas guerras e conflitos, a Igrexa, nós, queremos comezar o aninovo volvendo os nosos ollos cara ó neniño que vén de nacer e que nos trae a paz verdadeira. E elevamos cara ese Deus Neno unha oración pola paz; non para informarlle da falla de paz, senón para que toque os nosos corazóns e nos axude a botar fora deles os obstáculos que lle poñemos á xustiza e á paz; porque co corazón cheo de xenreira, de condena, de intolerancia ou dogmatismo nunca poderemos aportar paz á convivencia entre as persoas. Que na celebración que agora comezamos sexamos capaces de descubrir ao Señor da paz que n...

SAGRADA FAMILIA 2008

E Deus fíxonos familia PÓRTICO A luz e a alegría do nacemento de Xesús en Belén enchen as nosas vidas neste tempo de Nadal. Hoxe, festa da Sagrada Familia, contemplamos o misterio de Belén: Xesús, María e Xosé. Unha familia sinxela que é luz para todas as familias do mundo. Á luz da Sagrada Familia, os bispos invítannos, na Xornada de Familia e Vida, a considerar a importancia da familia e o valor de toda vida humana. Este ano o lema é unha frase de san Paulo: «Con todo, a nosa cidadanía está no ceo» (Flp 3, 20), o que nós supón e esixe un verdadeiro compromiso como cidadáns no aquí, na terra. Porque o Reino, inda que ten a súa plenitude a carón de Deus no ceo, supón e esixe o noso traballo, para poder gozar desa cercanía, no aquí da terra. PERDÓN · Porque moitas veces non somos capaces de respectar a pluralidade existente nas nosas familias, Señor, que sexamos familia no amor. · Porque moitas veces non poñemos da nosa parte esforzo para crear un...

Nadal 2007

Nadal 2007 (campaña de Cáritas) PÓRTICO Nadal é nacemento: Aleluia. Nadal é o nacemento dun neno: Aleluia, Aleluia. Nadal é o nacemento do neno-Deus: Aleluia, Aleluia, Aleluia. Cúmprense as promesas, realízanse os soños e esperanzas. O mundo estaba enfermo, moi enfermo. Só Deus podía salvalo. O mundo segue enfermo. Necesitamos seguir celebrando o Nadal. Pobres, enferm@s,nen@, marxinad@s... Alegrádevos, porque para vós especialmente vén Deus. Quere ser un dos nosos; atrévese a compartir o sufrimento das persoas, quere contaxiar a súa felicidade e a súadivindade. Que a celebración que agora comezamos nos axude a descubrir a Deus feito neno, que se achega para traernos a luz, a felicidade, a vida. ACTO PENITENCIAL · En Nadal apareceu a bondade de Deus; pero nós non somos boas persoas; SEÑOR, ABRE O NOSO CORAZÓN. · En Nadal Deus veu co corazón e coas mans cheas de paz, pero nos non somos pacíficos nin pacificadores; CRISTO, ABRE O NOSO CORAZÓN . · ...