Ir al contenido principal

Entradas

Trindade 2012

HERDEIR@S DUNHA GRAN FACENDA: A TERRA CASA DE TOD@S E CHAMADA A DAR FROITOS DE DIÁLOGO E COMUNICACIÓN Pórtico Como ben nos di a primeira lectura, temos que aprender a preguntarlle ao tempo por Deus. Ao tempo difícil, convulso, cargado de pesimismo e cheo de nubes baixas a punto de abrirse e soltar a auga sobre nós; ao tempo que nos invitas a construír entre tod@s, porque nos necesitamos e ninguén debe quedar á marxe; ao tempo no que as cousas non saen como pensabamos; ao tempo que tantas veces perdemos por non dar entendido que é tarefa nosa, libre e responsable, aproveitalo para que dea froito; ao tempo no que o froito está chamado a medrar e a estenderse, facendo da nosa casa, barrio, parroquia, traballo... momento de colaboración, entendemento, diálogo e escoita, como Ti nos aprendiches nesa relación fonda e sempre agarimosa de Pai que no seu Fillo nos deixa gozar da forza e presenza do Espírito. Neste domingo da Santísima Trindade, domingo de comuñón e relación, que apren...

Pentecostes 2012

A IGREXA: UNHA MESMA PARTITURA CON INSTRUMENTOS DIFERENTES PÓRTICO Pentecostes, cincuenta días despois da Pascua, quere ser unha chamada aos cristiáns a non esquecer que presenza de Deus e a súa relación persoal con cada un/ha de nós, non é exclusiva dun grupo ou dunhas cantas persoas unicamente, senón unha chamada a tod@s sen exclusión, porque a forza do Espírito non distingue entre uns, os bos, e outros, os malos, senón que El alenta, anima e acompaña a tod@s. Por iso podemos dicir que a festa de hoxe é unha gran partitura para que sexan moitos os instrumentos que a interpreten; e estes, sendo tan diferentes e diversos, acaban formando unha melodía chea de harmonía e sentido. A harmonía e o sentido que nos ofrece a Palabra de Deus e as boas obras de tantas persoas que, co seu actuar, responderon na súa vida ao don do Espírito Santo que nos fai ser fortes nas dificultades e solidarios no compartir. O PERDÓN Para que deixemos atrás unha fe que ten como partitura o...

Ascensión 2012

UNHA FE NON PARA GARDAR, SENÓN PARA ESPALLAR: IDE E ANUNCIADE PÓRTICO Mirar os acontecementos da nosa historia só cara arriba é propio da maxia. Miralos cara atrás é propio da superstición. Porén nós, coma cristiáns, temos unha mirada propia: cara arriba, confiando en Deus; cara ós lados, buscando aos irmáns; e cara adiante, construíndo futuro con optimismo, coa ledicia de sabérmonos acompañad@s. Mais sempre temos a tentación da mirada máxica ou supersticiosa. A Pascua é tempo de espabilar, de renunciar a estas tentacións, de rachar cadeas que escravizan. Busquemos coa mirada a Cristo, miremos ao irmán e á irmá comecemos esta celebración recoñecendo neles a imaxe do Resucitado. O PERDÓN Por non acabar de recoñecer que nos falta alegría para anunciar a Xesús, SEÑOR, QUE NON CANSEMOS NA TAREFA . Por non ser capaces de deixar atrás canto non serve para expresar coa nosa vida a grandeza da túa mensaxe, CRISTO, QUE NON CANSEMOS NA TAREFA . Por non querer entender que o m...

Pascua do enfermo 2012

PÓRTICO Temos escoitado moitas veces que a fe cristiá é universal, que non ten fronteiras, que está por riba de razas, linguas, países, culturas, condición sexual, situación económica, laboral ou social. E iso é verdade, o que ocorre que a esta afirmación teórica é necesario poñerlle vida, praxe, rostro, persoas, para evitar que se quede nun marabilloso pronunciamento. A iso, a poñerlle nome e rostro humano ás cousas, é ao que nos invita a celebración de hoxe desde as lecturas que imos proclamar; unha invitación para que espertemos do sono de reducir a fe a un simple estar nas celebracións, e a convertamos en forza, alento e motor do que facemos na vida. Deste xeito faremos realidade a chamada que Xesús nos fai de ser testemuñas súas desde o servizo aos homes e mulleres do noso tempo. Neste poñer nome e rostro humano, a pascua do enfermo que hoxe celebramos achéganos a un mundo, o da enfermidade, que nos ensina a outra cara da realidade: a da debilidade, a da propia limitación...

5 Coresma B

PORQUE PARA TI NON EXISTEN CRISTIÁNS “CON DENOMINACIÓN DE ORIXE”... GRAZAS, SEÑOR!!!!!!!!!!! PÓRTICO Dinos a primeira lectura do Libro dos Feitos que hoxe proclamaremos, que os membros da comunidade tiñan medo de Paulo, non acababan de crelo nin de fiarse del. Non esqueceran que había ben pouco tempo que aquel que agora se achegaba como membro do grupo, andara a perseguilos. Tamén nos pode pasar a nós que non acabemos de fiarnos de tantas persoas que están dispostas a cambiar; de tantas persoas que queren romper co pasado, deixalo atrás, para reorientar a súa vida, e que buscan en nós unha man amiga que os acolla e acompañe. Este quinto domingo da pascua invítanos a reflexionar sobre cal é a nosa reposta diante destas situacións, para que nos esforcemos por superar as desconfianzas e non repetir unha e outra vez o que un foi no pasado. Na fidelidade á fe en Xesús, temos que esforzarnos en coñecer e saber qué supón e esixe ser cristián, e non deixarnos levar nin por ritos nin ...