Ir al contenido principal

Entradas

24 domingo TO A 2017

--> PORQUE SABEMOS DE QUEN NOS FIAMOS... GRAZAS, SEÑOR, POR FACERTE COMPAÑEIRO DE CAMIÑO Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) LECTURAS: Douvos un mandato novo (Nº 18) OFERTORIO: Como che cantarei (Nº 28) COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) ESCOITA ACTIVA Porque sabemos de quen nos fiamos, volvemos reunirnos ao redor do altar para compartir a vivencia comunitaria da fe. Fiándonos del non é que vida sexa distinta á hora de facer as mesmas cousas de quen non ten fe, senón que a vida ten un sentido novo, distinto; cun horizonte de plenitude que nos fai tomar conciencia de que sempre hai esperanza. Non unha esperanza calquera senón a que nos ofrece Xesús. A esperanza que non se deixa invadir polo pragmatismo de quen só ve resultados e ganancias; a esperanza que hoxe vimos compartir e celebrar ábrenos a un esforzo permanente e continuo por pasar mirando cara aos lados e descubrir persoas que nos necesitan e ás que necesitamos; que n...

23 Domingo TO A 2017

DEUS QUERE MISERICORDIA ...  Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11) LECTURAS: Eu soñei (Nº 58) OFERTORIO: Todos xuntos (Nº 56) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) ESCOITA ACTIVA Vivimos nunha sociedade deshumanizada, na que a valía das persoas é proporcional ao rendemento que delas podemos obter. Unha sociedade de descartes, como di o papa Francisco, que bota fóra á xente maior, prescindindo así de toda a súa ampla experiencia de vida e que bota fóra tamén aos nenos e á mocidade porque non son rendibles, xa que hai que investir na súa formación. E é que a lei do mercado, a lei da oferta e da demanda, non permite sentimentos, non lle convén que perdamos o tempo en pensar. O resultado está á vista: non cremos no que facemos, fáltanos capacidade para a tenrura, poñemos a norma por riba das persoas, contentámonos co cumprimento, esquecemos valores e conviccións... E deste xeito ímonos baleirando por dentro, ímo...

22 domingo TO A 2017

PASAR POLO GÓLGOTA… PARA CHEGAR AO TABOR Descarga o ficheiro https://drive.google.com/file/d/0B-QLZ-tpDg-aOEx2SE5mS3NUbGs/view?usp=sharing CANTO GOZOSO ö ENTRADA: Non vou so (Nº 60) ö LECTURAS: Déixate querer (Nº 61) ö OFERTORIO: Misioneiro (Nº 37) ö COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 115) ESCOITA ACTIVA Vivimos nunha sociedade na que todo se move polos cartos, que mesmo nos fan perder a cabeza. O desexo de acumular máis e máis lévanos á competencia, á deshumanización e á morte. E nesta sociedade nosa que atropela aos máis febles e aplaude aos que gañan, Xesús hoxe lémbranos, coa súa pregunta, que o sentido da vida non está no materialismo abafante nin no utilitarismo tan en boga, senón que somos invitad@s a saber descubrir que só gaña a verdadeira vida quen é capaz de entregala xenerosamente. Oxalá que a Palabra proclamada e o Pan compartido nos axuden a non deixarnos engaiolar por falsos cantos de sereas. CORAZÓN MISERICORDIOSO *   Porque...

21 Domingo TO A 2017

EN TEMPOS DE INVISIBILIDADE, REIVINDIQUEMOS A VISIBILIDADE QUE NOS DÁ A TOD@S O SER FILL@S DO DEUS QUE NOS CREA COA MESMA DIGNIDADE E IGUALDADE Descarga o ficheiro CANTO GOZOS ENTRADA:  Que ledos hoxe estamos (Nº 5) LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25) OFERTORIO: Velaquí, Señor (Nº 37) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Nunca tanto coma hoxe temos escoitado a palabra invisibilidade: invisible é a morte -renegamos dun dos elementos da nosa condición humana: somos limitad@s e para un tempo-, invisible é a enfermidade, invisible é a pobreza, invisible é a limitación e a nosa incapacidade para moitas cousas –sobrevaloramos, entón, a aparencia-, invisibles son tantas e tantas persoas que nin son populares, nin teñen poder nin saen a todas horas nas televisións nin nas revistas. Pero, nos guste ou non, seguen a ser persoas coa mesma dignidade ca nós. Por iso esta mañá a chamada a cantos participamos na celebración é a de non deixarnos domear nin ...

20 domingo TO A 2017

ANTE A MULLER CANANEA, XESÚS NIN A APARTA NIN SE APARTA... POR QUE NÓS SI O FACEMOS? Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ö ENTRADA: Acharte presente (Nº 51) ö LECTURAS: Canta o sol (Nº 22) ö OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58) ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) ESCOITA ACTIVA Unha vez máis a Palabra sae ao noso encontro para clarificarnos e axudarnos a superar a tentación de converter a vida cristiá nun conxunto de preceptos, normas, mesmo dogmas, que pouco ou nada axudan a recoñecer nelas ao Señor. Diante deste reducionismo tan ao uso, Xesús fálanos da universalidade, da apertura, da superación de fronteiras da fe cristiá. So así poderemos actuar, vivir e concretar o aquí do seguimento de Xesús. Que a celebración que agora comezamos nos faga caer na conta de que as sementes do Reino están en todas as persoas, e non só nuns poucos elixidos. CORAZÓN MISERICORDIOSO *         Porque son demasiadas as veces nas que utiliz...