Ir al contenido principal

Entradas

3 Domingo TO 2020

BENAVENTURADAS AS PERSOAS QUE ESCOITAN E CUMPREN A PALABRA DE DEUS CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25) OFERTORIO: Ti es camiño e verdade (Nº 57) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) OLLOS ABERTOS Hoxe celebramos, por vez primeira en toda a Igrexa, o Domingo da Palabra de Deus. Esta xornada, instituída polo Papa Francisco o pasado mes de setembro, lémbranos que o Resucitado segue camiñando no medio da súa comunidade, explicando as Escrituras coa súa vida e coa súa palabra, e convidándonos a todas e a todos nós a implicarnos na tarefa de anunciar o Evanxeo e construír Reino. Do mesmo xeito que Xesús se trasladou cara ás fronteiras de Galilea para converterse en luz e alegría, do mesmo xeito que Paulo foi máis alá dos límites do xudaísmo, tamén nós somos convidadas e convidados a saír das nosas zonas de conforto e camiñar cara ás periferias existenciais para levar a Boa Nova a todas as persoas. E iso só poderemos facelo se somos...

2 domingo TO A 2020

PERSOAS QUE SERVEN, QUE NON PERSOAS ESCRAVAS CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 9) LECTURAS: Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 34) COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 54) OLLOS ABERTOS Serva é aquela persoa que serve, que se pon ao dispor de quen necesita dela. Porén, escrava é aquela persoa sometida, que non actúa por si mesma, senón baixo o xugo de quen a manda e controla. As persoas crentes estamos chamadas a ser servas, nunca escravas. Servas que serven, que están preto de quen as necesita. Deus non quere que esteamos sometidos a ninguén nin a nada, de aí a importancia de non permitir que a ningunha persoa se lle falte ao respecto ou sexa maltratada; de aí o importante de non calar nin volver a cara cando descubrimos calquera tipo de abuso, menosprezo ou violencia: física, psicolóxica ou moral. Ninguén manda sobre ninguén; pero todos nos necesitamos uns a outros e podemos axudarnos. PRECISANDO DA TÚA MISE...

Bautismo do Señor 2020

Responder á invitación de Deus non necesita nin barullo nin da violencia, senón da cotidianeidade xusta e igualitaria Descarga o ficheiro Cantos         Entrada.- Que ledicia miña         Lecturas.- A auga do Señor         Ofertorio.- Na nosa terra         Comuñón.- Non vou só Mirada integradora A festa do Bautismo do Señor vólvenos á cotidianeidade do calendario litúrxico. Reforzad@s ao longo do Advento e do Nadal, tempos litúrxicos fortes, poñémonos agora de novo en camiño para ir experimentando a alegría de sabernos acompañad@s pola presenza do Señor. Nin imos sós, nin nos sentimos no esquecemento e abandono. A encarnación do Deus que se fai dos nosos, ofrécenos a compañía ,nos pasos que imos dando, da presenza de Xesús nas loitas por facer da vida experiencia de crecemento e madurez persoal e comunitaria. Acollamos esta presenza amigable co ...

Aninovo 2020 Maria Nai de Deus

Santa María Nai de Deus 1º de Ano Poñamos o contador a cero, e non deixemos de facelo as veces que faga falta Cantos     Panxoliñas Escoita activa A moitas persoas estas datas parécenlle tristes, a outras canseiras, a moitas outras aburridas e baleiras de contido; tamén os hai que non soportan á familia, e polo tanto estes días son para eles unha verdadeira cruz. E a nós? Si, a cada un e cada unha dos que estamos hoxe aquí, temos pensado que significan persoalmente – non nos deixemos levar polo que din e lle oímos aos demais- estas celebracións cristiáns? Son cristiáns, porque o que celebramos é que Deus nace e que María ábrelle o seu corazón, toda a súa vida para acollelo e gozar tamén da salvación que nos ven traer. Por iso estamos hoxe aquí, para celebrar, aledarnos, agradecer e poñer este ano que comeza baixo o amparo da forza de Deus e a tenrura de María, Nai e educadora que desde a paciencia foi facendo posible que Xesús acabara dicindo: benaventura...

2 domingo Nadal 2020

IIº Domingo despois de Nadal 5 de Xaneiro 2020 Grazas por seguir querendo  ser coma nós Descarga o ficheiro Cantos Entrada.- Non vou só Lecturas.- Douvos un mandato novo Ofertorio.- Pan do ceo Comuñón.- O amor é o meirande  Mirando as beiras No camiño da historia de amor de Deus para con nós, imos dando pasos que fan posible que nos encontremos con persoas de distintas experiencias persoais, culturas, realidades sociais, linguas... das que nos separan moitas cousas, pero coas que compartimos unha mesma identidade: a filiación e polo tanto, a fraternidade. Todas e todos somos fillas e fillos de Deus. Que non é un algo afastado e que está lonxe, senón o Alguén que camiña e se nos vai mostrando neste noso camiñar.     O Evanxeo de hoxe volve mostrarnos esta idea de que a Palabra fíxose coma nós; asumiu a nosa condición de xeito que tamén nós poidamos asumir a súa condición. Neste camiño de reciprocidade na nosa relación  co Deus amor, dispoñám...

Sagrada Familia 2019

A familia berce para convivir para madurar e crecer en humanismo Cantos Entrada.- Eu soñei Lecturas.- As túas Palabras, Señor, son Espírito e vida Ofertorio.- Velaquí, Señor, o viño Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas ​A familia é berce de acollida ao que chegamos de primeiras ao abrir os ollos á vida. Berce no que imos crecendo e aprendendo; berce no que descubrimos o mellor e tamén as dificultades da vida. Por iso dicimos que é escola, a primeira, onde a clase dura vinte catro horas, e na que o profesorado é a tempo completo, sen estar preocupados polo cambio de clase nin polo remate da xornada laboral. A familia é escola permanente. Deste este seu ser, hoxe, na Igrexa celebramos a súa festa, o que pode ser un bo momento ara dar grazas por ela e por todo canto temos aprendido, cos seus luscos e fuscos, ao longo do tempo. Sen familia que nos quixera e axuda, non estariamos hoxe aquí. Celebremos logo con alegría esta invitación a dar grazas a Deus. Corazón misericordioso ...

4 domingo advento 2019

SINAL DE ADVENTO Nesta derradeira semana colocamos a cuarta lenda da nosa escaleira: Deixemos atrás o chanzo da apariencia. CANTO GOZOSO ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) LECTURAS: Preparade o camiño ao Señor OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) COMUÑÓN: No colo da miña nai (Nº 49) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN             Entramos na última semana deste tempo de Advento. Nas tres semanas anteriores fomos deixando atrás, na escaleira da igualdade vital, chanzos que sabiamos nos impedían subir co espírito da acollida cara á celebración do Nadal do Deus que se fai un de nós. A piques de chegar ao cumio, non esquezamos que o sinal, os carteis, as lendas... non son nada máis ca medios para que interiormente nos vaiamos preparando á celebración que trouxo a luz ao mundo, dándolle á historia un relampo de claridade que nin o pecado dos que no nome do Señor din servir ás comunidades, nin a indiferenza de cantos levan por co...