Ir al contenido principal

Entradas

Trindade 2009

Comuñón liberadora na misión do amor: Pai, Fillo e Espírito Santo Pórtico Nun mundo no que as relacións comerciais unen aos países, no que Internet é un fío que xunta e crea modas e tendencias, no que o idioma xa non é barreina e as distancias vense reducidas a un intre no tempo, resulta paradóxico que as persoas esteamos cada vez máis separadas e actuemos indo só ao noso. Enfróntanse así intereses económicos, sociais, de poder... que fan que as relacións persoais se fundamenten no interese e no material, esquecéndonos do que temos de verdadeiramente humano: a relación, a gratuidade, a solidariedade. A festa de hoxe, a Trindade, vén poñer luz para axudarnos a descubrir que é o amor na comuñón, o xeito que temos as persoas de fundamentar as nosas relacións humanas e de fe, no seo dunha sociedade que camiña no respecto, na paz e na igualdade. ACTO PENITENCIAL Por negarnos a abrir o corazón cando estamos necesitados de que nos escolten, SEÑOR, GUÍANOS Á COMUÑÓN Por tódalas veces nas que, ...

Remol Pentecostes

FALAR PARA QUE SE ENTENDA E NON PARA QUE SE FALE DE NÓS PÓRTICO Son moitas as veces nas que se di que a Igrexa se ten posicionado sobre este ou aqueloutro tema. Pero cando se afirma iso somentes aparece a voz dos bispos (e case sempre os mesmos bispos), que no nome da toda a Igrexa –non o esquezamos: Igrexa somos tod@s–, manifestan que ese é o pensamento da Igrexa. A partires de aí, xa temos polémica montada a través dos medios de comunicación, e minutos nos telexornais por dous ou tres días, ata a próxima. Faise valer deste xeito aquilo de “que falen de nós, inda que sexa mal”.             Pero máis alá das polémicas, poderíamos preguntarnos: é de verdade a voz da Igrexa?. Ou é a voz, autorizada e á que sempre debemos prestar atención, dos bispos?. Porque non é o mesmo unha cousa ca outra. Pois se Igrexa somos tod@s, algo teremos que dicir os demais cristiáns sobre cuestións que nos afectan e estamos a vivir, moitas das veces a sufrir. E teremos que facelo sen buscar polémica, p...

Ascensión do Señor

CABEZA FRÍA, CORAZÓN QUENTE E PÉS SEMPRE NO CHAN: CREO! PÓRTICO Quizás, un dos reproches que máis se lle fan ás persoas públicas, é que viven ao marxe da sociedade, que non conectan coas aspiración nin co sentir da xente, fallando así nos medios para buscar solucións aos problemas máis urxentes. As palabras están baleiras e os xestos son para a galería. O importante é saír na foto, aínda que non se diga nada ou se engane con falas promesas. A festa de hoxe, a Ascensión do Señor, vén mostrarnos que Xesús está máis que nunca presente no medio de nós. Os seus xestos e palabras, a súa doazón, están cheas de esperanza e ilusión. O baleiro non ten senso. Que a celebración de hoxe nos faga máis conscientes de que os cristiáns debemos conectar coas demais persoas. PERDÓN Pola nosa insistencia de querer camiñar mirando ao ceo, esquecendo que ao noso lado hai mans que nos piden que as axudemos, SEÑOR, QUE OS NOSOS PASOS SIGAN AS TÚAS PEGADAS. Por non ser capaces de vencer a tentación...

6 Domingo Pascua

Camiñar na fronteira: amar desde a discrepanciA PÓRTICO Vivimos nunha sociedade na que é moi difícil aprender a amar dun xeito gratuíto. Todo se calcula, todo se mide, todo se compra, todo se vende. E así, cremos, dun xeito equivocado, que todo se obtén pagando: alimentos, roupa, vivenda, transporte, diversión, postos, beneficios, traballo, amor, servizos relixiosos... E así, corremos o risco de converter todas as nosas relacións nun puro intercambio de servizos. Porén, non é este o camiño que nos propón Xesús!. Non é así como poderán xurdir sementes do Reino!. Non é este o xeito de liberarnos!. O camiño ten que ser o do amor, non o do interese. Que a celebración que agora comezamos nos axude a decatarnos de que o amor é unha necesidade e o guieiro da nosa vida.   O PERDÓN Porque nos cremos os mellores e os únicos, SEÑOR, CURA O NOSO CORAZÓN Polas veces nas que somos sectarios no noso pensamento e na nosa forma de actuar, CRISTO, CURA O NOSO CORAZÓN. Porque a nosa falta d...

5 DOMINGO PASCUA

Superemos a lei do funil: a conversión é posible para nós e tamén par os demais Pórtico             Non resulta moi doado de entender o noso xeito de facer as cousas moitas das veces, chamándonos como nos chamamos cristiáns. Si, porque de moitas maneiras e en diferentes situacións, Xesús fálanos da conversión; é dicir, desa actitude fundamental da vida na que somos capaces de cambiar e deixar atrás comportamentos e formas de ver e facer as cousas. Diríamos, de darnos unha nova oportunidade.E dicimos que non é doado de entender o noso comportamento porque moitas veces negámoslle aos demais esa posibilidade de cambiar, de empezar de novo, de facer borrón e conta nova na súa vida. Non nos estrañemos, tamén lle pasaba o mesmo aos discípulos, por iso eran incapaces de comprender o cambio que se dera en Paulo: non acababan de ver como aquel que tanto os perseguira, agora lles pedía que o acollesen coma un dos seus. Pero Paulo cambiara, e foron dándose conta. Tamén nós cambiamos, e tamén ...

4 Domingo Pascua

E TI, QUE ESTAS DISPOSTO A APORTAR?   PÓRTICO As persoas sempre buscamos referentes nos que ver reflectidas as nosas aspiracións, aquilo que nos gustaría ser, ao que aspiramos chegar. O problema vén cando non os temos, cando ao que nos invitan a mirar, a televisión, a radio, as modas,.. non nos enche, quedando así perdidos,desorientados. Por iso hoxe, se cadra máis que noutros momentos da historia, precisamos recuperar a nosa capacidade de escoita se non queremos vernos afogados na vulgaridade. A nosa sociedade está enferma na súa vontade de vivir. A civilización do benestar ofrece medios de vida, pero non motivos para vivir. Por iso cómpre estarmos ben atentos á chamada de Deus, a escoitar a voz da verdade, a sintonizar co mellor que hai en nós, a desenvolver o no mundo interior. Temos que ser quen de recoñecer a súa voz entre tantas outras. Teremos que abrir oídos e corazón, teremos que poñer oídos á espreita para non deixarnos enganar por cantos de serea. Que esta celebració...

3 DOMINGO PASCUA 2009

A PAZ, UNHA PALABRA COA QUE SE NOS ENCHE A BOCA PERO QUE MOITAS VECES SE NOS VAI DAS MANS Pórtico Sempre que acendemos a televisión, as novas, as películas e incluso os debates, están cheos de violencia. Xa non importa a franxa horaria, é o que vende e o que interesa. Despois estrañámonos de que haxa condutas violentas, episodios de morte, ou de que os cativos repitan comportamentos que nós fomentamos. E xa nos digamos a niveis familiares, veciñais…, onde todos queremos mandar e ter sempre a razón. Hoxe Xesús Resucitado volve saudarnos coa paz. Dánola para que a sementemos coa nosa vida. E...acaso os cristiáns non temos unha grande responsabilidade con esta asignatura pendente da paz?. Porque moitas veces coas nosa palabras xestos e manifestacións colectivas, non somos quen de vivila. Acaso paz é so unha palabra baleira e non unha vivencia e experiencia chea de contido?. A celebración de hoxe invítanos a que a paz que nos trae o Resucitado a fagamos vida no noso mundo, alí onde...